Cando en 2013 empezamos ter noticias do proxecto de mina de ouro en Corcoesto, en plena Costa da Morte, encendéusenos a luz de alarma. Falaban dunha explotación a ceo aberto con tratamento de cianuro, unha das técnicas mineiras máis agresivas das practicadas no mundo.
Unha estratexia empresarial opaca, unha política entreguista, unha poboación deprimida económicamente e polarizada en torno a un si ou non á mina, a alarma ecoloxista e un activismo veciñal urxente e teimudo que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Todo isto inspirou a realización de Tesouro de Corcoesto, unha longametraxe documental de produción independente, respaldada polo micromecenado de 180 persoas e asociacións.
Nesta páxina podes atopar a versión íntegra de Tesouro de Corcoesto en galego e castelán, así como unha selección das entrevistas que fixemos e que compartimos para todos aqueles que queiran ampliar información sobre temas específicos dos tratados no documental.
Autorizamos a libre difusión do documental, non a súa manipulación nen explotación comercial. Se queres organizar un pase público, estaremos encantadas! Contacta con nós para que che facilitemos un enlace específico, e tamén para contribuir á nosa estadística de exhibición.
Este documental foi financiado en parte pola campaña de micromecenado, e en parte polas persoas que traballaron nel.
Se estás a favor de este tipo de produción independente e queres contribuir, aínda podes facelo:
Pódense dar outras licencias diferentes a estas no resto de contidos publicados nesta web.
Nota legal:
“Tesouro de Corcoesto” declara que non se fai responsable das opinións publicadas nesta web. Estas son únicamente presentadas coma parte dun proceso documental realizado a través de entrevistas persoais. As opinións aquí publicadas so reflecten a postura dás persoas entrevistadas e non necesariamente a de “Tesouro de Corcoesto”.